Quen somos

Poten100mos é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento persoal e a inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade física, psíquica e/ou social de maneira integral e incidindo en todos os aspectos da vida dunha persoa.

Traballamos en rede coas diferentes entidades sociais, por un mesmo obxectivo. A nosa motivación é traballar por unha sociedade interdependente, na que cabemos todos, e que sexa quen de ver na diversidade, unha parte fundamental da súa riqueza. Unha sociedade inclusiva.

Para desenvolver o proxecto DiversidArte 2016, temos a sorte de contar coa colaboración de Rosa Cedrón, que será a madriña do Festival, e da Concellaría de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña, que patrocina o evento xunto coas seguintes entidades que non quixeron quedarse fóra deste precioso proxecto. A todos e todas, MIL GRAZAS!

 logo-sutega          logo-milicia           cuac

Contacta con Poten100mos:
web          facebook          twitter          instagram