urza

Exposición pintura urza “600VERSOS: do poético á pintura; dúas linguaxes, un único grito baixo”
en Ledicia Café
Do 3 ao 17 de novembro

Estes cadros formaron parte da exposición 600VERSOS, celebrada na GALERÍA DE ARTE
METRO, de Santiago de Compostela entre febreiro e abril de 2017
Estes cadros, expresión plástica de poemas de Marta Leira Novo, supoñen algo máis que pintura, unha sorte de maridaxe entre o traballo escultórico habitual do autor á procura do baleiro como elemento esencial da súa investigación e o traballo puramente pictórico

Javier Meléndez Ortega nacido en Madrid en 1959, pasou a súa adolescencia en Barcelona, e cursou os seus estudos de arte novamente en Madrid, onde se gradúa pola antiga Escola Oficial de Cerámica [promoción 1980-1985]. Encomendóuselle a creación e posta en funcionamento do Seminario de Estudos Cerámicos de Timaná, no sur de Colombia, centro de investigación e docencia que dirixiu desde 1986 a 1988. Desde 1988 á actualidade, reside de maneira continua en Galicia. Leva máis de trinta anos compaxinando a docencia das artes coa súa actividade de artista plástico. É, ademais, Tecnico Superior en Integración Social, Experto en demencias tipo Alzheimer e foi Educador en drogodependencias. Militante do PCE, desempeñou cargos de dirección no Comité Executivo do PCG, e traballou no campo da Memoria Histórica do anti-franquismo.