RECITAL POESÍA

Recital poesía – 600VERSOS: do poético á pintura;
dúas linguaxes, un único grito baixo
en Ledicia Café pola autora Marta Leira Novo e urza,
Sábado 11 de Novembro – 18:00 h.

Estes poemas forman parte da exposición 600VERSOS que se expoñerá do 3 ao 17 de Novembro en Ledicia Café xunto coa primeira incursión do artista escultor urza. Escritos pola actriz e artista Marta Leira Novo quen recitará os seus propios poemas xunto a urza, supoñen unha sorte de maridaxe entre a expresión plástica de urza e a poesía de Marta Leira Novo.