PEQUENO CABARET

FESTA DE CLAUSURA


Pequeno Cabaret – La Quinta del Arte
en Square, Espacio Cultural
Sábado 18 de novembro – 20:00 – 21:00 h.

La Quinta del Arte

Froito do Taller de Teatro Cabaret que estamos a realizar de outubro a decembro na Quinta da arte, presentaremos unha mostra do traballo ante o público do acto de Clausura do Festival DiversidArte, o día 18 de novembro.

Os nosos alumnos están moi motivados polo feito de poder mostrar ao público en directo os personaxes que están a traballar. Cremos que a experiencia que teñen co traballo previo de “La Gran Boda”, onde se realizaba teatro na rúa, permitirá darlles máis apromo cos espectadores que se verán sorprendidos polo descaro, a forza e a arte da compañía ambulante “El arte del querer” que pretenden triunfar por riba de todo co seu cabaret.

Quinta del Arte_Maria Pita
Sinopse: A compañía ambulante “El arte del querer”, famosa en todos os teatros do mundo enteiro por alá polos anos 40, pasou sen pena nin gloria durante anos.
50 anos despois, os fillos e netos e ata algún protagonista do famoso cabaret tentarán remontar o éxito alcanzado… Con todo o que supón desempoar o pasado e enfrontarse á crúa realidade.
La Quinta del Arte é unha asociación sociocultural da Coruña que pretende desenvolver e fomentar a arte entre persoas con e sen discapacidade. O obxectivo prioritario é conseguir unha plena  inclusión na sociedade de persoas con diversidade funcional, a través das artes escénicas.
Un centro onde a través do teatro e a creación, as persoas poderán desenvolver as súas capacidades mermadas e potenciar as existentes.