PAULA FERNÁNDEZ

papermoon-lo

Exposición pintura
Paula Fernández de Azpiazu
(Papermoon 2.0)
en A do Cuñado
Do 3 ao 17 de novembro

Paula Fernández de Azpiazu, é unha coruñesa nada en 1979 e afincada no barrio de Novo Mesoiro.
Diagnosticada coa enfermidade de parkinson en 2011, a súa lema “aínda que se que perderé a bataia loito e seguiré loitando”
O seu estilo é naif ou inxenuo, carece de formación artística e crea as súas obras sen ningún tipo de referencia académica.
Mantense á marxe de estilos, de normas estéticas e convencionalismos.
Cunha inxenuidade ligada á procura da simplicidade ofrece así unha visión do mundo sincera e exenta de artificios.
Instintiva e autodidacta bota a voar a súa imaxinación sobre o lenzo sen tomar en conta conceptos tan básicos para a arte convencional como o son as nocións de perspectivas, proporcións, unidade crómatica, equilibrio ou claroscuros.
Sen dúbidas esta artista plástica manifesta o seu propio e particular estilo naif, prescindindo de toda norma que non sexa a súa propia guía interior.