AFROGALEGAS

Exposición fotografía Afrogalegas
“Conociendo nuestra descendencia”
(Colectivo Migrantes) en La Botica Finna
Do 3 ao 17 de novembro

afrogalegas

Un recoñecemento a nosa herdanza, homenaxeando a interculturalidade…a  diversidade

A migración dos seres humanos é un fenómeno mundial que está presente en todas as épocas da historia e en todas as partes do noso planeta. Certo é que as correntes migratorias evolucionan, e o ser humano non pode coñecer as cousas en si mesmas, senón soamente tal como as percibe ou experimenta. Pódense realizar e realizáronse xa moitos estudos sobre as diferentes causas da migración: políticas, económicas, bélicas, e así unha larga listaxe.