MEDIOMETRAXE “CRAC”

Proxección mediometraxe “CRAC” de Lázaro Louzao no Bâbâ- Bar
Xoves 9 de Novembro – 21:00h.

A través da danza contemporánea e a performance artística preséntasenos a cotidianidade dunha parella atormentada. Nunha atmosfera que xoga co mundo interior e o mundo exterior, todo vira contorna á relación entre o corpo e o espazo, onde as imáxenes dialogan cos poemas narrados.

A medio camiño entre o cinema e o vídeo arte, CRAC é un mediometraxe narrado a través dos poemas que conforman o libro homónimo de Gonzalo Hermo, onde a crítica social e identitaria dialogan coa pasión e o desamor.

Hilario Pérez Louzao nace en 1988, en Xove (Lugo), residindo na Coruña ata 2007, ano no que se muda a Santiago de Compostela onde se forma como Técnico Superior en Fotografía Artística pola EASD Mestre Mateo e Máster en Arte e Comunicación polo Centro Apple ACME Galicia.

En 2015 CRAC é seleccionado na 13ª edición do Festival Internacional de Cinema LGBT, O Lugar Sen Limites, de Ecuador, na 13ª edición do Festival Internacional de Cinema e artes escénicas gaylesbotrans de Bilbao, Zinegoak, a comezos de 2016, e na 1ª edción dos Premios Fouciño (Zas, A Coruña).

Actualmente reside na Coruña onde realiza traballos de comunicación corporativa e está a desenvolver a súa primeira longametraxe, Nove de Novembro, a primeira longametraxe Gai en galego.