“LIGAFLASH: Máis alá dunha ollada”

Exposición fotografía “Ligaflash:
Máis alá dunha ollada”

(Liga Reumatolóxica Galega)
en Sala Bâbâ Bar
Do 3 ao 17 de novembro

Ligaflash-Foto

A fotografía é, primeiro de nada, unha maneira de mirar, non é a mirada mesma. A exposición que expón a liga Reumatolóxica Galega, retrata a persoas cunha enfermidade reumática atendendo a un punto de vista do fotógrafo nunca centrada na patoloxía. A composición o encadre, o mundo exterior e interior do personaxe, o subrrealismo, o absurdo os sentimentos…

Esta exposición fala de persoas máis aló do que vemos facilmente, levamos a vista ao horizonte para acadar un entendemento mellor do camiño que queremos percorrer.