IBRAHIMA NDIAYE

ibrhaimaExposición de pintura
de Ibrahima Ndiaye
en Art-T Café
Do 3 ao 17 de novembro

Ibrahima é un artista pintor senegalés que comezou a pintar desde que tiña 14 anos. O seu pai apoioulle a pintar sobre cristal “Sous verre”. Cos anos comezou a pintar con area para poder pagarse o material.

Tras realizar un curso de Batik (técnica de tinguido por reserva que se orixinou na India fai uns 2000 anos) converteuse en profesor desta técnica.

Ibrahima reside actualmente na Coruña e desde idade temperá realizou diferentes exposicións coa súa arte: Sorano (Dakar), Centro Cultural Souta Senghor (Dakar), Village deas Arte (Dakar), Leopol Sedar (Seghor) co bienal de Dakar, Cedeps de Kebemer e a Meri de Kebemer. Tamén realizou algunha exposición na Coruña e teremos o pracer de deleitarnos coa súa exposición de acrílico de arte africana durante o Festival DiversidArte