GRUMICO

Exposición xoiaría e pintura
do grupo de artistas de GRUMICO
en Miss Maruja
Do 3 ao 17 de novembro

Exposición de pezas de xoiería feitas á man polos alumnos/as da escola de xoiería de GRUMICO e exposición de cadros pintados á man polos alumnos/as do taller de pintura.

Cada unha das fermosas pezas levadas a exposición é única e conta tras de sí cunha historia de traballo e de loita persoal pola igualdade de oportunidades.

GRUMICO, Grupo de persoas con discapacidade de A Coruña, é una asociación sen ánimo de lucro dirixida a persoas con discapacidade física e os seus familiares.
Traballamos para defender a igualdade de dereitos e a inclusión das persoas con diversidade funcional en todos os ámbitos da sociedade, contribuindo a mellorar a súa calidade de vida, autonomía persoal e independencia.
O noso ámbito de actuación abarca a cidade de A Coruña e municipios cercanos.

OS NOSOS OBXECTIVOS:
• Mellorar a calidade de vida a través dos nosos servizos de rehabilitacións.
• Orientar, asesorar e apoiar a socios e familiares dende o noso departamento de traballo social.
• Favorecer a participación social das persoas asociadas facilitando a mobilidade mendiante o servizo de transporte adaptado.
• Loitar pola consecución dun entorno accesible.
• Fomentar a formación e a inclusión laboral.
• Promocionar o lecer e a ocupación do tempo libra.
• Fomentar o asociacionismo e a colaboración con outras entidades.
• Concienciar e sensibilizar á poboación sobre a situación das persoas con diversidade funcional.
OS NOSOS SERVIZOS:
 Fisioterapia.
 Terapia ocupacional
 Traballo social.
 Actividades de lecer e tempo libre.
 Gabinete de accesibilidade.
 Voluntariado.
 Transporte adaptado.
 Escola de xoiería.