EVELYNE AMIES DE VOS

Exposición de pintura “El Árbol: Amigo y Pulmón”
de Evelyne Amies (Fundación ONCE) en Adegas Abica
Do 3 ao 17 de novembro

El Árbol: Amigo y Pulmón

Nada en Bruxelas de nai belga e pai inglés, chega a Santander en 1965 e vive en Galicia desde 1974, primeiro en Ferrol e desde hai varios anos na Coruña (O Burgo).

A exposición de Evelyne consiste nunha serie de pinturas sobre a Árbore cuxo protagonista é a cor. Cada cadro posúe o seu propio estilo onde, a través da expresión da súa cor e do equilibrio da composición, a autora móstranos unha maneira de reflectir a vitalidade da vida.

Con esta obra Evelyne plasma os seus sentimentos, emocións e, sobre todo, a súa loita diaria cos pequenos e grandes avatares da vida, como un impulso que lle leva a sentirse viva.

Da súa perda de visión hai uns anos e a imposibilidade de facer unha liña recta ou debuxar antes de pintar, supón todo un desafío para ela, onde ver un conxunto de cousas máis aló do diámetro da súa lupa, é algo impensable. Aínda que o cadro está na súa mente e a cor no seu corazón, o feito de facer unha fotografía co seu teléfono móbil, permítelle ver a súa obra ao completo.

Para Evelyne sería unha gran honra e satisfacción que o seu paso por cada un dos seus cadros que conforma esta exposición puidéselles espertar unha apreciación diferente da cor e da alegría na súa propia vida.

Ao mesmo tempo, lembrar que, grazas á axuda do “Arbol” existe vida na Terra, ademais de rendernos abrigo contra a intemperie entre outras cousas.

O lema é “Amar á Natureza é Amarnos a nós mesmos”