ERG KILLO

FESTA DE INAUGURACIÓN

 

Performance Erg Killo
no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC)
Sábado 4 de novembro –  17:30 – 18:00 h.

 

Erg KilloNacín no 1974 en Colombia, actualmente resido na Coruña. Desde moi novo sentín paixón pola arte e o mundo da maquillaxe, a través dos anos e a miña experiencia permítenme desenvolver a miña arte con creatividade e técnica.

En 1999 concluín os meus estudos en Artes Plásticas en Colombia. Posteriormente continúe a miña formación do 2000 ao 2003 cos Talleres de modistería e Taller de escalado e patronaxe de roupa masculina.

A experiencia que teño no mundo da maquillaxe artística xorde ao fusionar distintos conceptos e elementos dando como resultado obras de arte sobre a pel. (Body Painting). Dando énfase en maquillaxe bioluminicente (maquillaxe consistente en pinturas imperceptibles a primeira ollada e que resaltan baixo os efectos da luz ultravioleta.)

A maquillaxe enfócase cara á: publicidade, entroidos, festivais, festas temáticas, apoiando a potenciar aos colectivos LGTB e calquera causa adicional sempre en prol dos dereitos humanos.
Realizarse (Live paintings) caracterizacións, performances nas que os suxeitos e mobiliario reais convértense en pinturas de dúas dimensións.