CONCERTO SUEÑOS CUMPLIDOS

FESTA DE CLAUSURA 

Concerto Sueños Cumplidos en Square espacio cultural
Sábado 18 de novembro – 20:00 – 21:00 h.

Grupo flamenco formado por 4 voces masculinas: Angel Montoya, guitarra e voz; Borja montoya, caixón e voz; Bienve Gabarre, voz; Jony Gabarre, voz. Fundouse en xaneiro de 2016 e comezamos a traballar duro. E desde xaneiro ata agora, temos cumprido parte dos nosos soños.

A nosa inspiración desde moi novos sempre foi o flamenco, inspirándonos en grandes como Camarón de La Isla, Paco de Lucía, Diego El Cigala, Parrita, ou Manzanita. O tipo de música que facemos é música relacionada co jazz pop e flamenco. Fusionamos grandes éxitos como os de Alejandro Sanz, Pablo Alborán, Antonio José, Antonio Orozco, Sergio Dalma ou Antonio Vega. Aínda que nunca esquecemos a nosa música…o Flamenco Hondo.

Eliximos chamarnos Sueños Cumplidos porque desde cativos cada un de nós soñaba con poder expresar a nosa música ao público e poder transmitir a nosa arte.