NARANJA IMAGINARIO

FESTA DE INAUGURACIÓN

Concerto Naranja Imaginario
no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC)
Sábado 4 de novembro – 19:30 – 20:30 h.

naranja imaginario

“Diversidade, tecnoloxía e diversión definen a arquitectura do “Taller Naranja Imaginario”. Este proxecto musical formado por persoas con discapacidade intelectual da Coruña creou un directo multidisciplinar, emocionante e singular que xa chamou a atención dentro do mundo das artes. O pasado mes de maio abrían en Madrid o Festival Unha Mirada Diferente, cun concerto na praza de Lavapiés e dous días consecutivos dentro da Sala Francisco Nieva do Teatro Vale Inclán. En agosto actuaban dentro do Festival Noroeste Estrela Galicia da Coruña, dous momentos importantes para a banda, que observa como, directo a directo, o proxecto soborda unha profesionalidade e unha emoción que o público recibe completamente entregado á súa mestura de estilos entre a psicodelia e o pop, entre o electro latino e o synthwave”

INTEGRANTES: Estrella Agulló, Miguel Astray y Mónica López (sintetizadores), Roberto Casteleiro (baixo e secuenciador), Miguel Gendre (danza), Mila González (voz, retroproxectores e artes visuais), Mariana González (percusión), Tania Gómez (voz) e Ramón Rodríguez (Ilustración en directo)