ADCOR

Exposición de pintura
do grupo de artistas Fundación ADCOR
en Five Elephants
Do 3 ao 17 de novembro

Adcor-foto

Nesta exposición amosamos traballos de pintura realizados por persoas diversas que estamos vinculadas á Fundación Adcor, unha  entidade da Coruña que dedicase a dar apoios a persoas que buscamos ter unha vida plena e de calidade. A pintura axúdanos nisto, como agardamos poderte amosar nesta exposición.

É gracias a persoas voluntarias que facemos isto, xente marabillosas que comparten afección á pintura e que veñen cada semana a pasar unhas horas con nos. Elas, porque son sempre mulleres, fan posible que podamos ter esta afección, nos indican camiños que podemos tomar, cousas que podemos probar. Nos piden que non teñamos medo, que gocemos da viaxe, que nos deixemos levar, que probemos cousas novas ou que vaiamos polas paisaxes que xa sabemos que nos gustan… nos din moitas cousas pero sempre que o temón o levamos nos …  e nos recordan que podemos crear, que coa pintura nos sintamos creadores, e iso é unha sensación moi reconfortante. O igual que ter as nosas pinturas expostas neste festival e que a xente as queirades vir ver!

A pintura para nos é un entretemento. Nos interesa mais o proceso, o tempo que pasamos cos pinceis na man, que o resultado final. Sen embargo aquí vos traemos ese resultado final, porque tamén pensamos que está ben compartir as cousas que nos gustan, e mostrar o que facemos.

O que nos gustaría transmitirvos nesta exposición é o moito que nos aporta a pintura, como nos sirve para expresarnos, para gañar confianza en nos mesmos. Tamén para que  nos podas coñecer un pouco mais, xa que a pintura que facemos leva moito do que somos, do que nos gusta … E iso é o que mais nos pode axudar a estar mais incluídos na sociedade da que formamos parte por igual ti i eu, que a xente nos coñezades un pouco mellor.

Pensamos que vos pode gustar coñecer como cada un de nos se aproxima dun xeito diverso á pintura, ó proceso de creación ou á expresión artística. A nos gústanos o que facemos, ogallá a ti, a vos, tamén vos guste. Achégate a coñecernos!