ACEM

Exposición de cadros de area
do grupo de artistas ACEM
en O Recuncho de Esmeralda
Do 3 ao 17 de novembro

Ademáis da técnica de area e óleo presente nesta exposición, no taller creativo realízase decoración do fogar, agasallos de aniversario, bisutería e adornos para eventos. Algunhas das creacións son destinadas á realización de mercados solidarios destinados a colaborar no mantemento dos servizos sociosanitarios de ACEM.

As persoas que realizaron os cadros que estarán expostos son:

– Carmen Pardo Fuentes

– Sonia García Erias

– Mª Carmen Montouto Pampín

A esclerose múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa de orixe descoñecida, incurable na actualidade, que causa un dano á capa de mielina que rodea as fibras do sistema nervioso central. Afecta principalmente ás mulleres entre 20 e 40 anos e é a principal causa de discapacidade en persoas adultas novas.