DiversidArte

O Festival DiversidArte é unha mostra das artes pola diversidade que se está a celebrar na Coruña. Todo o que imos ver, escoitar, sentir, saborear, bailar e disfrutar está feito por persoas que pertencen a colectivos en risco de exclusión social. Todos os colectivos e entidades participantes traballamos por un obxectivo común: facer unha sociedade verdadeiramente inclusiva.

Contaremos coa presenza dunha das nosas artistas máis internacionais, Rosa Cedrón, que non dubidou en colaborar connosco como Madriña do Festival e ofrecendo a recadación íntegra dun dos últimos concertos da xira do ano para apoiar a causa. Grazas Rosa.

Haberá exposicións de pintura, ilustración, fotografía, escultura, xoiería, poesía, actuacións musicais, teatro, improvisacións, proxeccións, mostras de cociña…

O menú é amplo e variado! Só tendes que pinchar na Folla de Ruta e comezar a disfrutar!

BENVIDOS/AS A DiversidArte!