Poten100mos

poten100mos

Exposición de obras en La Consentida Food & Soul

En Poten100mos, traballamos pola inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidade, independentemente do colectivo e ámbito do que proceden. Entre elas, tamén temos grandes talentos das diferentes artes, con traballos moi destacados que terán un espacio en DiversidArte como mostra de que calquera persoa, en calquera situación vital, pode ser un gran artista.

SOS RACISMO Galicia

Resultado de imagen de sos racismo galiciaSOS RACISMO Galicia é unha organización sen ánimo de lucro, independente, laica, multicultural e plural, que se enmarca dentro da Federación de Asociacións de SOS RACISMO do Estado Español.
Movemento social antirracista que loita por conseguir un modelo social inclusivo, mestizo, intercultural e laico, onde toda a sociedade valore positivamente a riqueza social, económica e cultural que achega a diversidade, e onde todas as persoaspoidan desenvolver a súa vida en igualdade de dereitos e oportunidades independentemente da súa raza, orixe, cultura ou relixión.

  • Favorecer a integración sociolaboral do colectivo inmigrante residente en Galicia.
  • Loitar contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, de orixe, de cultura ourelixión para lograr unhasociedadexusta e libre de prexuízos e estereotipos.
  • Difundir valores, actitudes e prácticas para que a poboaciónrecoñeza, acepte e normalice o carácter pluricultural e multirracial da sociedade galega, e valore positivamente a riqueza socioeconómica que achega a diversidade e a interculturalidad.

SOS Racismo Galicia pertence á Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado Español.

Actualmente SOS Racismo está presente en 13 comunidades autónomas, onde desenvolve o seu traballo dende hai máis de 20 anos. A nivel internacional, SOS Racismo ten presencia en diferentes países da UE, entre os que destaca o traballo de Francia ao longo dos últimos 30 anos.

As 13 entidades SOS Racismo traballamos conxuntamente en diferentes proxectos para lograr que a nosa actividade teña repercusión a nivel nacional.

A pesar de que SOS Racismo Galicia foi fundada en 1998, en Vigo, sufriu un amplo periodo de inactividade (2003-13). No ano 2013 retomou a sua actividade dende A Coruña de man dun equipo humano completamente renovado. Dende o ano 2016, conta tamén cunha delegación en Vigo.

Colectivo anti-sida

Exposición de obras no Sugar Coffee

cascoCasco é unha ONG con máis de 25 anos de experiencia no sector da integración social. Actualmente cubrimos diferentes áreas a través de 4 programas principais:

O Punto de Calor: É un local destinado a cubrir as necesidades básicas das persoas en situación de rúa ou con maior risco de exclusión social. Está aberto a todo o mundo e trátase dun recurso de “mínima esixencia”, é dicir, non pedimos nin filiación nin nada. A el acoden unha media de 60 persoas ao día. As persoas que acudan poden cubrir necesidades básicas ou demandar máis axuda en canto a asesoría legal, apoio psicolóxico, axuda con documentación, sanitaria, etc.

Prisións: Foi un dos primeiros programas que se puxo en funcionamento. A través deste programa conseguimos terceiros graos para as/os reclusas/os a través de vinculacións, a nosa avogada asesora legalmente de maneira gratuíta, pódense realizar TBCs na nosa entidade, etc.

Prevención: Este programa abrangue moitas áreas de traballo, entre elas o fomento da educación para a saúde a todos os sectores da poboación, a repartición gratuíta de preservativos á poboación xeral e profesionais da prostitución, programa de intercambio de xiringas para persoas usuarias de drogas, realización gratuíta, anónima e confidencial da proba rápida de detección de anticorpos de VIH, fomento dunha educación sexual sá a través de charlas, eventos e outras accións.

Piso de acollida para VIH positivo: É un recurso que leva máis de 10 anos funcionando, atendemos a persoas sen ningún apoio familiar e social que estean infectadas polo VIH. Normalmente veñen derivadas de hospitais ou centros penais cun avanzado estado da infección. O obxectivo do programa é a recuperación física das persoas e a súa reintegración social nos casos en que isto sexa posible, xa que moitos das persoas usuarias deste programa teñen secuelas irreparables.

Piso de acollida para persoas con risco de exclusión social: Foi o último dos recursos que creamos, e comezou hai 2 anos. O perfil das persoas usuarias deste piso é o máis amplo posible xa que o único que se ten en conta é a situación persoal, e o obxectivo é a formación e inserción laboral. O programa está formulado cunha duración media de 9 meses. Case un cento de persoas pasaron polo piso e estamos a ter un éxito de arredor do 80%.

Colectivo migrantes

Sabores

Fotografía + Proxección + Cea Sabores, o xoves 29 no Manguaça

MigrantesA migración dos seres humanos é un fenómeno mundial que está presente en todas as épocas da historia e en todas as partes do noso planeta. Certo é que as correntes migratorias evolucionan, e o ser humano non pode coñecer as cousas en si mesmas, senón soamente tal como as percibe ou experimenta. Pódense realizar e realizáronse xa moitos estudos sobre as diferentes causas da migración: políticas, económicas, bélicas, e así unha larga listaxe.

A Asociación Migrantes preséntanos o seu proxecto Sabores, no que migrantes de idades e orixes diferentes comparten connosco como foi o seu proceso migratorio e de qué xeito buscaban o sabor da súa terra no destino de acollida. Ese sabor que nos resulta cotián e repetido cando estamos na casa, pero que estranamos cando estamos lonxe… Buscamos, realizamos unha viaxe a través do sabor para volver á casa pero case nunca nos sabe igual e esa procura é un berro inconsciente por todos os afectos que deixamos alí nese lugar de onde partimos. Cada migrante compartirá connosco a receita do sabor que lles leva á casa. Convidámosvos a viaxar connosco!

Colectivo prisións

teixeiro

Exposición de obras en Oído Cocina

UTE Teixeiro

A Unidade Terapéutica e Educativa representa un modelo alternativo de intervención dentro da institución penal, dado que xunta todos os recursos humanos da mesma nun equipo multidisciplinar integrado por tódolos estamentos profesionais, con especial relevancia do funcionariado de vixilancia, cunha alta cualificación formativa e grande coñecemento do medio, anteriormente infrautilizados na súa achega tratamental.

Dentro dos seus obxectivos a UTE promove a apertura total do módulo ao exterior:

  • Poténciase a participación de asociacións e entidades diversas e implícase directamente aos recursos e servizos sociais extrapenitenciarios -centros de drogodependencias, centros de formación, casas de acollida-. Todos eles visitan periodicamente o módulo, participan na intervención, e realizan conxuntamente co equipo os programas de derivación a tales servizos
  • Promóvese que a familia, amizades, e calquera outras persoas, institucións e organizacións que sexan parte da rede social da/o residente se impliquen e participen activamente na intervención co equipo, para o que se permiten as visitas periódicas dentro do módulo, realízanse xornadas de convivencia e establécense canles de comunicación continuada
  • Realízase un labor informativo-formativo con centros educativos da comunidade, tanto de secundaria como universitarios, para o que mediadores (apoios) e profesionais acoden a coloquios, xornadas e cursos, e ábrese a porta para que estes colectivos visiten o módulo.

Todo isto implica unha inxente labor de información, xestión, coordinación, etc. con recursos sociais, empresas, familiares, etc. co obxectivo declarado de manter, estimular, rexenerar, crear en ocasións, a rede social (próxima e comunitaria) de cada usuario, o cal é básico para unha futura reinserción. Unha vez derivados aos recursos e servizos extrapenitenciarios mantense un seguimento e apoio en coordinación con estes centros.

 

Saúde mental

jacqui-dillon

Vídeo-forum entrevista a Jacqui Dillon, o martes 27 no Ambigú

Radio Prometea é unha asociación cultural, creada na Coruña en 2013, orientada á promoción da autonomía e a saúde mental das persoas con diagnósticos psiquiátricos. Xestionada por estas mismas persoas, sen tutela profesional, a súa actividade principal dende o inicio é un programa de radio en CUAC.FM, a radio comunitaria da Coruña.

Ademais, acudimos a congresos, xornadas e seminarios, tanto en ámbitos de saúde mental como en calquer outro aberto a coñecer a saúde mental dende unha perspectiva crítica e de dereitos humáns. Outra actividade de Radio Prometea, e quizais a máis importante, é o apoio mutuo que, de maneira informal, xenérase entre as persoas diagnosticadas que están, dun xeito ou outro, en contacto con Radio Prometea (participantes, oíntes, a través das redes sociais…etc)

Mediante entrevistas, debates, difusión de coñecementos e noticias, Radio Prometea ofrece, programa tras programa, unha perspectiva amplia dos debates actuais en saúde mental, situando no centro ás persoas diagnosticadas, verdadeiras protagonistas do cuidado e a promoción da saúde mental”.

Descrición actividade vídeo-forum:

Entrevista a Jacqui Dillon, presidenta da rede inglesa de Hearing Voices: Con motivo da cercanía do VII Congreso Mundial de Hearing Voices, celebrado en Alcalá de Henares en novembro de 2015, Jacqui Dillon estivo en Madrid para hablar con profesionais da saúde mental sobre o movemento internacional de persoas que escoitan voces. Nesta entrevista, Jacqui Dillon fálanos de cómo este enfoque conseguiu axudar a estas persoas dunha forma efectiva, así como a profesionais da saúde mental, no sentido de que se replanteen a súa forma de traballar con estas experiencias. Con este video-fórum queremos invitar a que se coñeza esta perspectiva, así como a reflexionar e debatir sobre diferentes cuestións que se plantexan no vídeo”.