Esclerose múltiple

arena-acem

Exposición de obras en Adegas Abica

A esclerose múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa de orixe descoñecida, incurable na actualidade, que causa un dano á capa de mielina que rodea as fibras do sistema nervioso central. Afecta principalmente ás mulleres entre 20 e 40 anos e é a principal causa de discapacidade en persoas adultas novas.

acemACEM é unha organización sen ánimo de lucro, que traballa desde o 2005 na mellora da calidade de vida das persoas afectadas pola esclerose múltiple e outras doenzas neurodexenerativas, e a das súas familias e contorna, desde unha perspectiva integral e individualizada, ofrecendo servizos socioasanitarios e, desde o ano 2015, un taller creativo aberto tanto a persoas con EM como tamén a aquelas que padezan unha enfermidade rara e/ou crónica. Durante a actividade, a través da creatividade poténcianse a participación social e o lecer.

Ademais da técnica de area presente nesta exposición, no taller creativo realízase decoración do fogar, agasallos de aniversario, bisutería e adornos para eventos. Algunhas das creacións son destinadas á realización de mercadiños solidarios destinados a colaborar no mantemento dos servizos sociosanitarios de ACEM.

As persoas que realizaron os cadros que estarán expostos son:

– Carmen Pardo Fontes

– Sonia García Erias

– Mª Carmen Montouto Pampín

– Encarna Couceiro Regueiro

– Ermelinda Hermida Gómez

Comentar

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s