Colectivo xitano

colleiteiras

Exposición de fotografía en Art T Café

Hai xa tres anos comezou a aventura deste grupo de mulleres, que cada día collen a súa furgoneta verde e percorren as rúas da Coruña, recollendo o aceite que se deposita nos contedores laranxas. Elas mesmas encárganse ademais de dar charlas divulgativas, explicando a quen queira escoitalas cómo se pode gardar o aceite das casas, bares, restaurantes, colexios, facendo tamén un valiosísimo traballo de concienciación cidadá.

Teñen dous obxectivos: por un lado. xerar autoemprego e, polo outro, colaborar coa “súa gotiña de aceite” en reducir a contaminación da auga. Contan con apoios incondicionais, o máis importante: as súas familias, que comprenden ben esta laboura.

A iniciativa xorde na ONG Arquitectura Sen Fronteiras, que promoveu a idea. Ademais é a ONG a que leva a xestión administrativa. A colaboración de colexios, diversas entidades, persoas particulares, a depuradora da Coruña EdarBens, a Deputación Provincial, bares, restaurantes, áreas comerciais e o propio Concello da Coruña, é necesaria para que estas mulleres valentes, cada mañá boten a camiñar a súa ilusión.

Elas marcan os roteiros, atenden as chamadas, levan o mantemento dos contedores e filtran o aceite para que o recolla outra empresa que fai con el biodiesel. A súa aspiración é medrar e non parar de recoller este ouro líquido, que esbotado polo vertedoiro convírtese en veleno para a nosa auga e a nosa saúde.

Graciñas mil, MULLERES COLLEITEIRAS, pola vosa imprescindible laboura.

Texto e imaxe: Adelaida Abad Isla

Comentar

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s