Colectivo anti-sida

Exposición de obras no Sugar Coffee

cascoCasco é unha ONG con máis de 25 anos de experiencia no sector da integración social. Actualmente cubrimos diferentes áreas a través de 4 programas principais:

O Punto de Calor: É un local destinado a cubrir as necesidades básicas das persoas en situación de rúa ou con maior risco de exclusión social. Está aberto a todo o mundo e trátase dun recurso de “mínima esixencia”, é dicir, non pedimos nin filiación nin nada. A el acoden unha media de 60 persoas ao día. As persoas que acudan poden cubrir necesidades básicas ou demandar máis axuda en canto a asesoría legal, apoio psicolóxico, axuda con documentación, sanitaria, etc.

Prisións: Foi un dos primeiros programas que se puxo en funcionamento. A través deste programa conseguimos terceiros graos para as/os reclusas/os a través de vinculacións, a nosa avogada asesora legalmente de maneira gratuíta, pódense realizar TBCs na nosa entidade, etc.

Prevención: Este programa abrangue moitas áreas de traballo, entre elas o fomento da educación para a saúde a todos os sectores da poboación, a repartición gratuíta de preservativos á poboación xeral e profesionais da prostitución, programa de intercambio de xiringas para persoas usuarias de drogas, realización gratuíta, anónima e confidencial da proba rápida de detección de anticorpos de VIH, fomento dunha educación sexual sá a través de charlas, eventos e outras accións.

Piso de acollida para VIH positivo: É un recurso que leva máis de 10 anos funcionando, atendemos a persoas sen ningún apoio familiar e social que estean infectadas polo VIH. Normalmente veñen derivadas de hospitais ou centros penais cun avanzado estado da infección. O obxectivo do programa é a recuperación física das persoas e a súa reintegración social nos casos en que isto sexa posible, xa que moitos das persoas usuarias deste programa teñen secuelas irreparables.

Piso de acollida para persoas con risco de exclusión social: Foi o último dos recursos que creamos, e comezou hai 2 anos. O perfil das persoas usuarias deste piso é o máis amplo posible xa que o único que se ten en conta é a situación persoal, e o obxectivo é a formación e inserción laboral. O programa está formulado cunha duración media de 9 meses. Case un cento de persoas pasaron polo piso e estamos a ter un éxito de arredor do 80%.

Comentar

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s