Parkinson

parkinson

Exposición de obras no Five Elephant

papermoon-loPapermoon2.0 somos un grupo de amigos e amigas que queremos explicar a través das nosas obras a arte de vivir coa enfermidade de Parkinson.

Un estudo realizado pola Universidade de Tel Aviv en Israel, atopou unha relación entre o aumento da creatividade en doentes con Parkinson que consumían fármacos que incrementaban a actividade da dopamina. Este medicamento úsase como terapia contra os síntomas motores que provoca a enfermidade e, sorprendentemente, as persoas que o utilizaron, desenvolveron novos talentos, como a pintura, a escultura ou a escritura. Para Inzelberg, é posible que as persoas tratadas estean manifestando talentos que nunca antes tiveron a coraxe de cultivar. Os pacientes sinalaron que mentres maior era a dose, máis libres se sentían para crear.

Como resultado da análise, a investigadora conclúe que as persoas tratadas con estes fármacos, séntense máis felices ao estaren ocupadas nas súas obras. E ademais, aseguraron que os seus problemas motores tamén diminuíran de xeito significativo.

Dende A Coruña, con técnica en óleo, presentan Paula Fernández e María Pérez. Dende a Asociación Parkinson do Baixo Miño, Mónica Figueroa presentaranos unha mostra da súa poesía. Dende a Comunidade Valenciana presentamos a Pilar Juan con técnica en Acuarela. Temos, tamén como peculiaridade que destacar, un artista teatral humorista chamado Juan Ruiz que será partícipe da exposición cunha imaxe súa nunha fotografía que o define. Dende Cataluña, chéganos un poeta consagrado, Salvador Riera, e unha artista de obra pictórica, Montserrat Vives. Dende Sevilla chégannos as obras de acuarela de Maribel Sánchez. Dende Palencia, Fidel del Diego tráenos unha mostra da arte fotográfica impresa en placa de aluminio.

Todas estas artistas son unha pequena mostra das moitísimas persoas que existen actualmente en España. Queremos trasladar e concienciar á sociedade que a arte é un medio de resiliencia para facer fronte ás adversidades da vida e que o parkinson, a pesar de ser unha enfermidade sombría, esconde luz e esperanza nas persoas que a padecemos.

 

 

Comentar

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s